Saturday 18 de May de 2024

O Museo do Traxe recibe a visita dos rapaces e rapazas do centro de educación especial Fernando López Navalón


Os rapaces e rapazas do centro de educación especial Fernando López Navalón, de Santiago de Compostela, acudiron hoxe ao concello de Ordes. Unha visita que tivo como prinicipal atractivo coñecer todo o que alberga o Museo do Traxe Juanjo Liñares. Ademais tiveron a sorte de coincidir coa exposición fotográfica ‘Galicia Máxica’, que ata o vindeiro 8 de maio permanecerá no museo para desfrute de todas e todos os que se queiran achegar a vela. O concelleiro Xosé Manuel Rodríguez achegouse para saudalos persoalmente e entregarlles unha serie de agasallos.